Vigo compartirá coñecemento con outras urbes na Rede de Cidades Intelixentes
O intercambio de experiencias e o traballo conxunto das urbes para mellorar a vida da súa cidadanía é un dos obxectivos da Rede de Cidades Intelixentes da que Vigo entra a formar parte e que ten especial preocupación pola xestións sostible e eficiente.
Vigo incorpórase á Rede de Cidades Intelixentes, unha entidade española da que forman parte máis de 65 urbes, e que ten como finalidade o intercambio de coñecemento e experiencias entre as cidades para para desenvolver un modelo de xestión sostible co fin de mellorar a calidade de vida da cidadanía.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, Vigo traballará en conxunto coas demais urbes integrantes da RECI en cinco áreas: as TICS e a innovación social, a eficiencia enerxética, o medio ambiente, as infraestruturas e a habitabilidade urbana, a mobilidade urbana e a administración dixital.