Escoitar

O Concello organiza en Vigozoo acampadas de fin de semana entre abril e xuño para nenos de entre 8 e 12 anos

Vigozoo acollerá campamentos de fin de semana para nenos de entre 8 e 12 anos para realizar actividades ao aire libre relacionadas cos animais. Cun custo de 20 euros, o período de preinscrición xa está aberto e finalizará o 3 de xuño.

venres, 8 abr 2016
Caballero animou a todos os nenos e nenas que queiran pasar unha fin de semana en Vigozoo a participar nos campamentos que organiza o Concello durante sete fins de semana entre 23 e 24 de abril e o 18 e 19 de xuño. Cun custo de 20 euros, a estancia inclúe a cea do sábado, almorzo e pernocta nas instalacións do albergue e na cabana instalada nunha árbore. Os participantes, que teñen que ter entre 8 e 12 anos, estarán a cargo dun equipo de monitores especializado que organizarán gran cantidade de actividades relacionadas co zoo. A preinscrición é telefónica no 986267783 de luns a venres de 11,00 h a 19,00 horas.