Concerto ENSEMBLE VIGO 430
Este domingo 10 de abril, ás 12:00 horas, celebrarase no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo", o quinto concerto do programa "Primavera 2016" da Orquestra VIGO 430 , que conta coa colaboración da Concellería de Cultura.
En concreto, será o ENSEMBLE VIGO 430, baixo o título "Contrapuntos íntimos", o encargado de interpretar obras de Mozart, Beethoven e Brahms, coa participación do solista David Fons (viola).
Este ano retómase o programa de abonos a través do cal todas aquelas persoas que vaian asistir a varios concertos poidan facelo nunha única compra, cunha entrada única, a un prezo inmellorable e con asento reservado en zona preferente. A venda de localidades e abonos realízase a través de ticketea (www.ticketea.com) e a Central de Espectáculos.
Descargar todas as imaxes