Escoitar

Normalización lingüística : paseo polo Vigo literario, obradoiro de improvisación teatral, curso de escritura creativa para persoas adultas

venres, 8 abr 2016
Paseo polo Vigo literario

Sábado 16 de abril, ás 11:30, saída da Estación Marítima, diante do Náutico (duración do percorrido 1 hora e 45 minutos). Paseo guiado por Xina Vega
Paseo que se desenvolve seguindo a trama do libro Urbanita, rural e libertario, o Vigo do que vimos
Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónio actividades.snl@vigo.org, a partir do día 9 de abril (inclusive) dende ás 10:00

Obradoiro de improvisación teatral

Terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)

Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas

Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org co seu nome completo e teléfono

Curso de escritura creativa para persoas adultas

Terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12)

Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com

Toda a información na páxina web: snl.vigo.org ou no facebook: Vigo en galego