venres, 29 xan 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da carreira que se van celebrar o vindeiro domingo 31 de xaneiro de 2016, veranse limitadas ao tráfico as seguintes rúas:comenzará ás 11.00h e terá a súa saída dende a rúa Jenaro de la Fuente, para seguir por Aragón (ata a rotonda do faro), volta pola rúa Aragón, Jenaro de la Fuente, Gregorio Espino ata Urzáíz, Urzáíz, Ramón Nieto, Nieto Figueroa, Urania (Mais que Auga), Subride (ata a primeira rotonda), baixar a Ramón Nieto para chegar á meta en Jenaro de la Fuente.
venres, 22 xan 2016
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" .Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br />
<br />
xoves, 21 xan 2016
A Concelleria de Xuventude programa diversas actividades durante os meses de xaneiro a marzo agrupadas en obradoiros de información xuvenil, actividades formativas, obradoiros creativos e actividades en Vigosónico.
venres, 15 xan 2016
A Xunta de Galicia convoca exames de lingua galega-Celga para este ano 2016.O prazo para a presentación das solicitudes (no Rexistro da Xunta de Galicia) remata o 8 de febreiro.Taxa de exame: 15,61 euros. Os exames terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada
venres, 15 xan 2016
Conforme ao convenio de colaboración entre Concello de Vigo a Federación de Peñas "El Olivo" e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os concursos relacionados co Entroido 2016 de COMPARSAS, CARROZAS e DISFRACES.