Escoitar

Actividades de normalización lingüística

venres, 22 xan 2016
Exames de lingua galega-Celga

A Xunta de Galicia convoca exames de lingua galega-Celga para este ano 2016
O prazo para a presentación das solicitudes (no Rexistro da Xunta de Galicia) remata o 8 de febreiro
Taxa de exame: 15,61 €
Os exames terán lugar en Santiago de Compostela e Ponferrada

Cursos no CIOV-Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo

A Concellaría de Normalización Lingüística informa da continuación das actividades formativas no CIOV. Actividades, gratuítas, que se desenvolverán no IME (Instituto Municipal de Educación, camiño do Chouzo, s) en horario de tarde

1.- Improvisación oral en verso
2.- Narración oral

Máis información (programación, horarios, datas...) na web: snl.vigo.org