Escoitar

Exposición "XX Maratón Fotográfico Concello de Vigo"

A Casa das Artes acolle a exposición "XX Maratón Fotográfico Concello de Vigo", organizada pola Concellería de Cultura e maila Agrupación Fotográfica Galega. O maratón tivo lugar o 14 e 15 de novembro pasados, cun total de 165 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Fronteira", "Ausencia", "Ilusión óptica" e "Pequenos Mundos".A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de febreiro.

venres, 22 xan 2016
1453457550maraton.jpg
No decurso da inauguración déronse a coñecer as persoas gañadoras dos premios estipulados nas bases, que nesta ocasion foron:

- Primeiro premio, dotado con 1.000 €: Antonio Gutierrez Pereira
- Segundo premio, dotado con 500 €: Pedro Figueras Cabaleiro
- Terceiro premio, dotado con 300 €: Dupuy Thibaud
- Dous áccesit consistentes nunha entrada para o Photoshop Rockstars de Vigo a: Fran Pedreira e David Pérez Fernández
Descargar todas as imaxes