venres, 22 xaneiro 2016

1.500.000 persoas "visitan" as Illas Cíes esta fin de semana a través de Instagram

venres, 22 xan 2016

O Concello organiza un evento coas Illas Cíes como protagonistas que contará coa presenza de 11 "instagramers", que suman case un millón e medio de seguidores nas redes sociais, nas que compartirán a súa experiencia visitando o arquipélago e degustando a gastronomía viguesa. Con esta acción, o goberno local continúa o proceso para acadar o recoñecemento das Cíes como Patrimonio da Humanidade.

O Concello cooperará o próximo 10 de marzo coa difusión do Día do Doante

venres, 22 xan 2016

Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro co director do Colexio Vivas, Juan Sánchez Vivas, para planificar os actos que se organizarán en Vigo con motivo do Día do doante, o próximo 10 de marzo. O rexedor alertou da importancia da doación de órganos e avanzou que o Concello cooperará coa instalación de carpas informativas na rúa Príncipe nas que se farán probas médicas, como a da diabete.

Exposición "XX Maratón Fotográfico Concello de Vigo"

venres, 22 xan 2016

A Casa das Artes acolle a exposición "XX Maratón Fotográfico Concello de Vigo", organizada pola Concellería de Cultura e maila Agrupación Fotográfica Galega. O maratón tivo lugar o 14 e 15 de novembro pasados, cun total de 165 participantes que tiveron 24 h para fotografar catro temas: "Fronteira", "Ausencia", "Ilusión óptica" e "Pequenos Mundos".A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de febreiro.

Obradoiros da Concellería de Igualdade

venres, 22 xan 2016

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para participar en catro obradoiros de carácter gratuíto que se impartirán na Casa das Mulleres: "Obradoiro de creación en video", "Obradoiro de Pintura", "Encontro para mulleres: xénero feminino, número singular" e "Obradoiro de escritura: escribir a nosa historia" .Dirixidos a mulleres maiores de 18 anos.<br /> <br />