O Concello asina un convenio con VIDE para mellorar a xestión das entidades deportivas
A Xunta de Goberno Local deu luz verde a un convenio de colaboración coa Fundación Vigo Deporte (VIDE) para o desenvolvemento do deporte local. O obxectivo é mellorar a xestión e a promoción das entidades deportivas da cidade.
O goberno local aprobou hoxe venres un convenio de colaboración con VIDE para mellorar a xestión administrativa das entidades deportivas da cidade e apoio á promoción e difusión da súa propia actividade durante a tempada 2015-2016. Tal e como explicou o rexedor, a achega do Concello como patrono de VIDE é de 125.000 euros, o que supón un 90% do custo, tendo en conta que a crise recortou a cooperación de privados.