Concello e Celta modifican o seu convenio e o club asume o cambio do céspede de Balaídos
Abel Caballero e Carlos Mouriño acordaron este venres introducir cambios no acordo entre o Concello de Vigo e o Real Club Celta. O primeiro, tal e como anunciaron, será que o mantemento do céspede do estadio sexa asumido pola entidade deportiva, que iniciará este sábado a instalación dun novo verde cun investimento estimado de 400.000 euros.
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, mantiveron este venres unha reunión en dependencias municipais, xunto ao segundo tenente de alcalde, David Regades, e o director xeral do club, Antonio Chaves, no que acordaron modificar as condicións do convenio bilateral para que o Celta pase a asumir as obras do cambio do céspede do estadio municipal de Balaídos e o seu mantemento. Indicou o alcalde de Vigo que a modificación conlevará tamén que o Concello poida encargarse doutros aspectos ata o de agora competencia do Real Club Celta, como a iluminación.
Caballero e Mouriño anunciaron ao remate da reunión que os traballos para instalar o novo verde de Balaídos darán comezo este mesmo sábado e se alongarán aproximadamente unha semana, comportando un investimento próximo aos 400.000 euros.
O rexedor argumentouno afirmando que a empresa concesionaria de parques e xardíns, encargada ata hoxe do céspede, "é moi boa facendo verde na cidade" mais "non é o mesmo un parque ou un xardín que un campo de fútbol, que require unha especialización".
Descargar todas as imaxes