Escoitar

Contratacións en Vigo-Zoo: explotación cafetería, bosas de educación e actividades educativas

venres, 17 abr 2015
- Se anuncia a publicación para o servizo de explotación da cafetería e de máquinas expendedoras de bebidas e sólidos (Vending) nas instalacións do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo. Este anuncio será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario oficial de Galicia e na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org (perfil do contratista).

O prazo de presentación de ofertas será de oito días contados a partires da última publicación no Diario oficial correspondente.

- Se anuncia a publicación para convocatoria de bolsas para o Departamento de Educación Ambiental do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Este anuncio será igualmente publicado na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org

- Se anuncia a publicación para apertura de proceso licitación para contratación do desenvolvemento de actividades recollidas no programa educativo do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigo-Zoo.

Este anuncio será publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Diario oficial de Galicia e na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org (perfil do contratista).

O prazo de presentación de ofertas será de quince días contados a partires da última publicación no Diario oficial correspondente.