Escoitar

O Concello validou por 7,5 millóns as segundas fases da reforma das bancadas de Río e Tribuna

Así o informou este venres, despois de ser aprobados os proxectos na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá. Cun prazo de obras de 6 meses e importe de licitación de 7,5 millóns, o Concello deu luz verde ás "Obras de reforma da cuberta de Río e consolidación estrutural do Estadio de Balaídos, fase 2" e ao "Proxecto de execución da obra da fase 2 da bancada de Tribuna e cuberta".

venres, 17 abr 2015
1429271578Imagen005.jpg
O goberno local aprobou este venres ambos proxectos enmarcados na remodelación integral do estadio municipal de Balaídos, cun importe de licitación que supera lixeiramente os 7,5 millóns de euros e un prazo de execución das obras de 6 meses en ambos casos, tal e como apuntou Caballero esta mañá.

Segundo detallou, o proxecto de "Obras de reforma da cuberta de Río e consolidación estrutural no Estadio de Balaídos, fase 2" presenta un importe de 2,3 millóns de euros e suporá a renovación da fachada de Río, o acondicionamento da nomeada bancada en relación ao peche da fachada, así como os espazos interiores, a mellora dos percorridos de evacuación, reparacións estruturais no interior do estadio e a renovación da instalación eléctrica.

No tocante ao "Proxecto de execución da obra da fase 2 da bancada de Tribuna e cuberta", o importe de licitación do mesmo ascende a 5,2 millóns de euros, tal e como explicou o alcalde de Vigo, e prevé a demolición da cuberta existente e a súa reposición pola nova, que permitirá tamén cubrir a bancada de Preferencia, hoxe en obras e para entón xa estará concluída. O proxecto contempla o reforzo estrutural dos piares de suxeción da bancada para a suxeción da nova cuberta, con reforzos das pezas metálicas e dos elementos de formigón.
Descargar todas as imaxes