Escoitar

APROBACIÓN INICIAL DO ESTUDIO DE DETALLE NA AVDA. ATLÁNTIDA Nº 107, 109, 111 (EXPTE. 14705/411)

venres, 17 abr 2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 13 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Estudo de Detalle "Reaxuste Aliñación Parcela" na Avda. Atlántida nº. 107 a 111, promovido pola mercantil "Vicus Vivenda, S.L." e redactado polo arquitecto, D. José Antonio Comesaña García, con visado colexial do 01.09.2014, de acordo cos informes técnicos obrantes no expediente.

SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo de 20 días hábiles, mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, así como na sede electrónica do Concello de Vigo.

TERCEIRO: Notificar o presente acordo aos interesados, entre os que se encontrará a propiedade da «AOD A-2-33 MONTANA», coa indicación de que por tratarse dun acto de trámite non é susceptible de recurso ningún, sen prexuízo do disposto no art. 107 da LRXAP-PAC."

Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.