Escoitar

Xornada formativa " O contexto educativo. Clave para previr a violencia de xénero e sexual entre a mocidade"

A Concellería de Igualdade de Vigo organiza a xornada formativa:" O contexto educativo. Clave para previr a violencia de xénero e sexual entre a mocidade" que terá lugar en Vigo os días 24 e 25 de abril.

venres, 17 abr 2015
Esta acción enmárcase no programa "Irene" de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia que o Concello de Vigo ten conveniado co Instituto da Muller para o período 2014/2015.

Especialmente dirixidas (aínda que non exclusivamente) para profesionais do ensino, servizos sociais, anpas...A organización entregará diploma acreditativo de asistencia.
O aforo é limitado. As prazas cubriranse por orde de inscrición enviando os datos a xornadas.igualdade@vigo.org
PROGRAMA:
Venres 24 de abril

17:00 horas "Coeducación e prevención da violencia de xénero e sexual" Dona Rosa Cobo Bedía.
18:00 horas "Programa TEI. Titoría entre iguais" Programa de convivencia para a prevención da violencia e o acoso escolar Don Andrés González Bellido.
19:00 horas "Programas do Concello de Vigo para a prevención da violencia de xénero e sexual entre a mocidade" Dona Ana García Barrio.

Sábado 25 de abril

10:00 horas "Envíasme unha foto `sexy`? O sexting e os riscos da rede" Dona Patricia Alonso Ruído.
10:30 horas "Menores e novas tecnoloxías, benvidas/os ao deserto do real" Don Gonzalo Sotelo Seguín.
11:00 horas "Adolescencia, violencia e lei" Dona Ana Pérez Figueroa.
12:00 horas "Previr a violencia de xénero dende a escola" Dona Mª Luisa Abad Abad.
13:00 horas "Boas prácticas educativas" Exposición de experiencias de institutos de Vigo: IES do Castro, IES Alexandre Bóveda e IES Beade.

Lugar de realización: sala de conferencias do Centro Social Afundación. R/Policarpo Sanz, 26
Máis información en www.igualdadevigo.org"