APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE PROTECCIÓN DA COLONIA HISTÓRICA "LA SOLEDAD" (EXPTE. 13842/411)
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 23 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o «Plan Especial da Colonia Histórica de La Soledad», redactado en marzo de 2015 pola Oficina de Planeamento e Xestión (versión V.1) a iniciativa municipal, en cumprimento da Resolución do Vicepresidente da XMU do 27.07.2012.
SEGUNDO: Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia.
TERCEIRO: Acordar, de acordo co artigo 77.2 da LOUGA, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que o mesmo confórmase polo ámbito definido no plano I.02 V1, escala 1/2000, do Plan Especial da Colonia Histórica de La Soledad que será, así mesmo, obxecto da publicación referida no apartado segundo deste acordo.
CUARTO: Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan Especial da Colonia Histórica de La Soledad na sede electrónica do Concello de Vigo.
QUINTO: Notificar o presente acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro coa indicacion expresa de que ao tratarse dun mero acto de trámite non é susceptible de recurso."
Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo – Praza do Rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.