Caballero salienta o coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico de Enor en Vigo
O alcalde visitou este venres ás instalacións da empresa, con 200 traballadores, e subliñou o coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico que realizan desde Vigo, citando como exemplo que Enor constrúe para o Concello o ascensor que conectará Menéndez Pelayo e Camelias.
Abel Caballero, en declaracións aos medios de comunicación, afirmou que ENOR é unha empresa "líder" con 350 empregados dos que sobre 200 traballan na sede de Vigo, que "ten un nivel de desenvolvemento tecnolóxico pouco común" ao especializarse en elevadores singulares e pouco habituais.
O alcalde apuntou que esta compañía, con orixe en Vigo, está a facer os ascensores para as reformas que executa o Concello nos mercados do Progreso e do Berbés, no complexo deportivo que constrúe en Navia e tamén o elevador inclinado que ten o goberno local en obras en Juan Ramón Jiménez, que unirá Menéndez Pelayo e Camelias.
Caballero eloxiou os sistemas de modernización, aforro e eficiencia enerxética nos que traballa a empresa en Vigo, mecanismos tecnolóxicos que fan posible que un ascensor consuma a mesma enerxía que un microondas, por exemplo.
Descargar todas as imaxes