Escoitar

CONVOCATORIA 2015 DAS SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO<br />

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 26.03.2015, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2015 das "SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO EN ENTIDADES DEPORTIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 71 do 16 de abril de 2015.

venres, 17 abr 2015
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas subvencións as entidades deportivas, sen ánimo de lucro, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións nos epígrafes: 3.0.0, 3.1.1 e 3.1.2, que desenvolveran actividades no ámbito deportivo dende o 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2015 e que cumpran cos requisitos establecidos nas bases reguladoras, entre os que cabe subliñar:
 Ter o seu enderezo social ou delegación no termo municipal de Vigo.
 Ter obxectivos e finalidades coincidentes cos establecidos nas bases reguladoras desta convocatoria.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte da data de publicación no BOP Num.71 do 16 de abril de 2015.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, segundo modelo normalizado, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao programa de "Axudas municipais á creación de empresas".

INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810 232
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo e na web: www.vigo.org.