CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2014/2015
A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as Bases e a Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á súa actividade deportiva da tempada 2014/2015 (BOP 9 de abril de 2015), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2015 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 430.500,00 euros (Catrocentos trinta mil cincocentos euros).
Esta convovatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2014/2015.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 20 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província.
As bases e os anexos desta convocatoria atópanse dispoñibles ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).