Escoitar

Obradoiro "Pautas para exercitar e mellorar a autoestima"

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro "Pautas para exercitar e mellorar a autoestima" de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres.

venres, 17 abr 2015
As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non realizasen esta formación con anterioridade.

Inscrición previa desde o día 17 de abril ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 14:30 horas.

Dirixido a: mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das mulleres.

Periodo e horario: os xoves desde o 7 de maio ao 25 de xuño de 10:00 a 12:30 horas
O desenvolvemento do programa constará de 20 horas, distribuídas en 8 sesiones.

Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20."