luns, 1 mar 2004
A alcaldesa e presidenta da Fundación Laxeiro, Corina Porro, entregou ao escritor e intelectual Francisco Fernández del Riego, o primeiro premio Laxeiro , concedido pola fundación que leva o nome do artista. O acto celebrouse na Biblioteca Penzol.
O barco, que atracou hoxe no porto de Vigo, é unha réplica do veleiro no que navegou o Capitán Cook no século XVIII
venres, 27 feb 2004
A alcaldesa, Corina Porro, visitou hoxe o barco de vela británico Endeavour, que atracou no porto de Vigo, onde permanecerá ata o vindeiro 11 de marzo, antes de partir hacia Cowes (Inglaterra).
xoves, 26 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo asinaron esta mañá en Santiago de Compostela un convenio de colaboración para acometer un total de 120 actuacións de rehabilitación no casco histórico de Bouzas e no Casco Vello de Vigo.
luns, 23 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Alberto Núñez Feijóo, asinaron o pasdo venres un protocolo que permitirá avanzar na construcción de vivendas sociais de promoción pública no municipio. O documento establece que o concello cederá ó Instituto Galego da Vivenda o aproveitamento residencial que lle corresponde como consecuencia da cesión obrigatoria do 10 por cento contemplada no plan parcial de San Paio de Navia.
venres, 20 feb 2004
A alcaldesa , Corina Porro, almorzou hoxe coa alcaldesa de Valencia, Rita Barberá e a presidenta da Asemblea de Madrid, Concepción Dancausa que participan na mesa redonda sobre muller e poder político no primeiro Foro "A muller no século XXI. Rompendo o teito de cristal".
xoves, 19 feb 2004
A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe a a sexta edición da Feira da Construcción que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo entre os días 18 e 21 de marzo.
mércores, 18 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro e o director xeral adxunto de relacións Institucionais de Caixa Galicia, José Luis Álvarez Naveiro, mantiveron hoxe unha reunión para analizar o desenvolvemento do proxecto do centro residencial para persoas maiores que a entidade financeira está a construir nos terreos cedido polo Concello en Barreiro.
xoves, 12 feb 2004
A alcaldesa, Corina Porro, inaugurou hoxe a Copa do Mundo de Saltos Hípicos que se celebra no recinto do IFEVI ata o próximo domingo. A alcaldesa destacaba no seu discurso de inauguración que " o éxito da reunión do público e o privado para conseguir para Vigo a celebración desta Copa do Mundo, é unha realidade que exemplifica un novo talante co que é necesario traballar".
Corina Porro e Xosé Manuel Barreiro asinaron hoxe o protocolo de colaboración para desenvolve-las actuacións, coas que remata o saneamento da cidade
martes, 10 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para levar a cabo as obras de saneamento das parroquias de Zamáns e Valladares. O proxecto conta cun orzamento total de 5.999.588 euros, que será financiado pola Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo, e coa súa execución rematase co saneamento da cidade.
martes, 10 feb 2004
A alcaldesa Corina Porro e a concelleira da Muller, Lucía Molares participarán nos coloquios que se celebrarán no "Primeiro foro de mulleres no século XXI" que organiza a Asociación Provincial de Mulleres Empresarias de Pontevedra os días 19 e 20 de febreiro no centro Cultural Caixanova.