Escoitar

Presentada a VI edición da Feira da Construcción

A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe a a sexta edición da Feira da Construcción que se celebrará no Instituto Feiral de Vigo entre os días 18 e 21 de marzo.

xoves, 19 feb 2004
1077202810cons.jpg
Esta feira , de carácter bianual, está considerada como un referente para todas as empresas e profesionais vinculados ao sector constructivo de Galicia e Portugal. Esta nova edición presentase como unha oportunidade de acercarse ás novas técnicas e materiais de construcción.O número de expositores para esta edición é de 350 que ocuparán unha superficie de exposición de 33.000 metros cadrados.

O protagonismo da construcción na economía galega queda mostrase con datos como que no ano 2002 o sector xerou na nosa comunidade un valor engadido bruto de 2.597 millóns de euros, e deu emprego a 133.900 persoas.

A Feira está organizada por APROIN, PLANNER%PROCELTHA e conta coa colaboración do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes