O alcalde recibiu aos organizadores da Conferencia de Monitoreo e Observación da Pesca

venres, 19 xan 2018

Abel Caballero reuniuse este venres cos representantes da empresa Marine Instruments e organizadores da Conferencia de Monitoreo e Observación da Pesca. A cita é unha referencia no sector a nivel internacional e cada ano atrae a unhas 300 persoas procedentes de todos os continentes, así como autoridades de países como Australia, Nueva Zelanda, Estados Unidos e de toda Europa. O rexedor felicitounos pola iniciativa e deu o seu apoio.

O alcalde felicita aos responsables da consultora internacional BDO na presentación da nova sede

xoves, 11 xan 2018

Abel Caballero asistiu este xoves á presentación en Vigo da nova sede da firma de auditoría y asesoramento BDO en Galicia, situada no emblemático edificio Simeón. O alcalde trasladou aos responsables a súa felicitación pola apertura das súas novas oficinas e lembrou que "Vigo é a cidade da economía e o goberno local é un gran aliado" de empresas como esta consultora. Segundo os datos aportados pola compañía BDO, o 94% das firmas de investimento consultadas prevé investir a corto e medio prazo en Galicia.