O Concello reitera a petición de cesión do edificio do centro de saúde de Teis ante a Seguridade Social
O Ministerio da Seguridade Social rexeita a demanda de doazón realizada polo goberno local alegando que quere vendelo ou alugalo. O alcalde critica que "en 10 anos non fixeron nin un só intento de venda ou alugueiro".
Abel Caballero avanzou este xoves que remitirá unha nova misiva ao secretario de Estado de Seguridade Social reiterando a petición de cesión gratuíta ao Concello do edificio que albergou o centro de saúde de Teis, no número 14 da rúa Enrique Lorenzo, para transformalo nunha biblioteca pública.
O Ministerio rexeitou a primeira petición alegando que a súa intención é vendelo ou alugalo, non cedelo. Para o alcalde "este é o tratamento á cidade da Seguridade Social. Tras estar abandonado, deteriorado e con ocupas durante 10 anos, agora que o solicitamos deciden que o queren vender, facer negocio contra a cidade", criticou, engadindo que a decisión atende a "razóns políticas" porque durante unha década "non fixeron nin un só intento de venda ou alugueiro".
Así, explicou que lle reclamará á Seguridade Social todas as garantías para que o edificio estea nas condicións que "esixe a cidade", polo que "terán que reformalo e poñelo en uso de forma inmediata" considerando que están infrinxindo un "tratamento vexatorio en contra da cidade e de Teis", cando a intención do Concello era construír unha biblioteca pública nese espazo para uso da cidadanía.