O goberno local dedica 150.000 euros á reinserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero
A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á contratación de 12 mulleres por un período dun ano co fin de mellorar a súa integración no mercado laboral.
O alcalde de Vigo avanzou este xoves que o Concello aprobou as bases da Programa de Inserción Laboral de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero para a contratación de 12 mulleres.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde a un orzamento de 150.000 euros para a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero. "O programa é da maior importancia, tanto cualitativa como cuantitativamente, con obxectivo da inserción laboral de mulleres en situación de violencia de xénero en Vigo e coa finalidade de apoialas, proporcionarlles un ingreso, darlles independencia económica e permitir a súa reintegración no mercado laboral", apuntou Abel Caballero.
O número total de contratos serán para 12 auxiliares de administración e subalternos cunha duración de 1 ano e os requisitos serán que teñan máis de 16 anos e con capacidade legal para ser contratadas, con expediente aberto no Centro Municipal de Información á Muller, empadroada, inscrita nalgunha das oficinas do Servizo Público de Galicia de Emprego en Vigo e residencia efectiva na cidade con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.
As candidatas terán que pasar un proceso selectivo cunha proba escrita e práctica. Os criterios de selección serán os "máis sociais" dando prioridade ás desempregadas de longa duración, mulleres con discapacidade ou sen ningún tipo de ingresos e mulleres con menores ao seu cargo.