O alcalde anuncia unha cabalgata "excepcional por contido, tamaño, animación e maxia"
Os Reis Magos comezarán o percorrido pola cidade ás 18:00 horas desde Isaac Peral cunha comitiva formada por 15 carrozas e tres autobuses na que participarán 1.250 persoas, cun amplo dispositivo de seguridade.
Abel Caballero visitou este mércores no IFEVI os traballos de realización das carrozas da cabalgata de Reis que se celebrará este venres dende as 18:00 horas co punto de partida en Isaac Peral. "Estamos preparando as mellores carrozas e cabalgata de toda Europa", sinalou, cunha temática centrada nos contos infantís e adiantou que será "excepcional polo contido, tamaño, animación e a maxia das carrozas".
Debullando o contido do desfile, o rexedor avanzou que haberá 15 carrozas con 15 nenas e nenos en cada unha, que irán acompañando aos Reis e aos paxes reais. A comitiva partirá desde a rotonda de Isaac Peral, pasando por García Barbón, Policarpo Sanz e con remate na Porta do Sol, o final do percorrido, polo que advertiu que as persoas que se sitúen en Elduayen non os poderán ver. Na Porta do Sol, os Reis Magos baixarán das carrozas, subirán ao palco instalado para dirixirse aos nenos e nenas vigueses e recibirán as chaves da cidade de mans do alcalde para que poidan entrar nas casas e deixar os agasallos. A
As 15 carrozas e os 3 autobuses estarán dedicados a diferentes contos infantís: "O Soldadiño de Chumbo", "O Bosque Animado", "A Bela durminte", "Cincenta", "Aladín", "Alicia no País das Marabillas" (en tres delas), "Aladino e a lámpada marabillosa", "Pinocho", "A Bela e a besta", "Alicia no País das Marabillas", "Merlín", "Hansel e Gretel" e "Rapunzel". Amais, a cabalgata do Concello de Vigo contará cos motoristas da Policía Local de Gala, con cabalos e xinetes da Policía Local, o grupo DISCAMINO e numerosos grupos de animación: Os Unicornios máxicos, A Bela e a Besta, A Lebre e a Tartaruga, O Rei León e os seus amigos, Gulliver no país dos contos, o grupo de percusión da ETRAD, os Camelos das SSMM Os Reis Magos, Peter Pan e O Dragón e a Princesa.
Abel Caballero sinalou que participarán un total de 1.250 persoas e que se repartirán 4.000 quilos de caramelos sen glute e sen azucre.
As Súas Maxestades de Oriente chegarán á cidade o venres pola mañá e, dende as 10, visitarán ás nenas e nenos de hospitais e centros socioasistenciais de Vigo. A partir das 12:00 estarán no Auditorio do Concello para atender as últimas peticións das nenas e nenos vigueses.
Dispositivo de seguridade e tráfico
O alcalde puxo en valor o dispositivo de seguridade previsto para a cabalgata que contará con 85 axentes da Policía Local, a colaboración de 300 voluntarios, efectivos de Protección Civil e ambulancias. Na organización e montaxe participan tamén os Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".
O percorrido estará totalmente valado para garantir a seguridade dos asistentes e vanse establecer catro postos destacados de emerxencias: no cruce de Alfonso XIII con Garcia Barbón, en Colón-Urzáiz, a rúa Miragaia e Doutor Cadaval. Amais instalaranse dous postos de atención a cativos perdidos no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e na Porta do Sol e haberá unha plataforma para persoas con mobilidade reducida diante da Igrexa de Santiago de Vigo.
No referente ao tráfico, dende as 09:30h da mañá quedará ocupado un carril de circulación ao longo do recorrido para instalar as vallas de protección e dende as 9 horas non se permitirá aparcar vehículos polas rúas polas que pasa a comitiva. Ás 15 horas quedará cortado o tráfico entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral, onde comeza a montaxe da cabalgata e ás 17:00 horas queda cortado todo o tráfico ao longo do percorrido. Preguntado sobre as posibilidades de choiva, o alcalde apuntou que "a cabalgata ten que saír" pero, con todo, o Concello seguirá de preto as predicións meteorolóxicas para tomar unha decisión con 24 horas de de antelación.
Descargar todas as imaxes