O goberno municipal adxudica obras por valor de 3,5 millóns de euros
O alcalde pon en valor a "avalancha" destas contratacións e o que significan en creación de postos de traballo na cidade a través do programa Vigo Emprega. <br />
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á adxudicación do procedemento aberto para a contratación das obras de cubrición do patio do Colexio Carballal, por 279.00 euros, e ás obras do patio do colexio Rocío por 227.000 euros, avanzando que tamén se cubrirá o patio do colexio Canicouva en Castrelos, que está pendente do permiso necesario de Patrimonio.
Para Abel Caballero é unha "obriga da Xunta de Galicia que ten que asumir o Concello para que os nenos poidan xogar a cuberto" e apuntou que no orzamento municipal de 2018 "volvemos a reservar 450.000 euros para continuar con este plan de cubrición dos patios, logo de propoñerlle un convenio á Xunta de Galicia para financiar as obras ao 50% que non foi adiante, de maneira que o Concello ten completados catro e a Xunta ningún.
O goberno local adxudicou tamén a contratación das obras do proxecto Vigo Vertical do ascensor da rúa Juan Ramón Jiménez, entre Torrecedeira e Pi i Margall que incluirá tamén a remodelación de todo o parque Camilo José Cela que, para o rexedor, ten un deseño equivocado e nalgunhas zonas converteuse en case marxinal. Proxéctase un gran parque infantil, con nova vexetación e súmase o ascensor cun importe total da obra de 2.060.000 euros.
Caballero expuxo os outros proxectos en marcha do Vigo Vertical dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible financiado con fondos FEDER da Unión Europea: o ascensor de San Salvador coa Praza Isabel la Católica, cun importe de 600.000 euros e a contratación de dous novos ascensores entre Marqués de Valterra e Torreceira. Un na contorna do Instituto Oceanográfico e outro en Juan Ramón Jiménez. Por último salientou a adxudicación da contratación das obras de humanización da rúa Marqués de Valterra por un importe de 653.000 euros, atrasado pola realización de prospeccións arqueolóxicas.
O alcalde de Vigo puxo en valor a "avalancha" de adxudicacións de obras realizadas polo Concello que suman 3,5 millóns de euros, sendo "seguramente a cidade de España con maior dinamismo na adxudicación e na xeración de emprego a través de mecanismos keynesiamos". No ámbito do emprego, apuntou a oferta de emprego público do ano 2017 que suma 81 prazas de quenda libre e 18 de promoción interna, ás que hai que engadir a contratación de 132 persoas desempregadas a través del programa Vigo Emprega. EN total, 220 novos postos de traballo.