O Concello propón unha sanción de 276.500 euros a Valoriza polo deficiente servizo prestado en parques e xardíns
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao inicio do procedemento para impoñer esta penalidade á anterior concesionaria por incumprimentos no contrato. Amais, adxudicou as obras do pavillón de Quirós cun orzamento de 1,5 millóns de euros.
O alcalde informou este venres da decisión do Concello de abrir o procedemento para a imposición dunha penalidade de 276.500 euros á empresa Valoriza, a anterior concesionaria de parques e xardíns por incumprimentos do contrato de conservación e reposición das zonas verdes.
En detalle, o Concello estima que procede impoñerlle unha penalidade de 170.578 euros pola "prestación manifestamente irregular do servizo" e, ademais, detraeralle 106.000 euros nas facturas, o que suma 276.500 euros polo "traballo deficiente que desempeñou". Tal e como explicou Caballero, nestes momentos é a empresa Althenia a concesionaria do servizo.
Pavillón de Quirós
A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación do proxecto de execución das obras do pavillón polideportivo cuberto e das instalacións complementarias en Quirós que ten un orzamento de 1,5 millóns de euros.
O rexedor apuntou outros investimentos municipais previstos en infraestruturas deportivas como o pavillón de Río (1 millón de euros), pavillón de Romil (1 millón de euros) e o da rúa Manuel Cominges de Matamá (3,5 millóns de euros). Amais, adiantou que o goberno municipal dedica case un millón de euros a executar melloras nos pavillóns da ETEA, Monte da Mina, Teis e o pavillón central e a pista vermella de Travesas.
A Xunta de Goberno Local autorizou tamén a prórroga da autorización administrativa de uso do local que usan en Praza da Princesa 7, a favor do Consorcio do Casco Vello de Vigo, que o Concello cede de xeito gratuíto.