Caballero cualifica de "excepcionalmente boa" a actividade municipal no ano 2017
O alcalde fixo este xoves balance da xestión deste ano do que destacou as humanizacións, o proxecto do Vigo Vertical, o despegue do turismo e a débeda cero do Concello.
O 2017 foi "excepcionalmente bo" para Caballero que repasou no balance anual a actividade do Concello dos últimos doce meses. De forma xeral, salientou que este ano foi "o de maior estabilidade política" dos concellos de España; "sumamos 11 orzamentos consecutivos aprobados e contamos coa colaboración da Deputación, que foi efectiva, eficaz e consistente".
Caballero destacou algúns dos logros máis relevantes: "O 2017 foi o ano do despegue do Vigo Vertical, con ascensores, cintas transportadoras e escaleiras mecánicas. Foi un ano de aceleración importantísima en humanizacións: 40 grandes rúas da cidade humanizadas en soamente un ano así como incontables ámbitos rurais asfaltados", afirmou, á vez que lembrou que foi tamén o ano da construción "xa case acabada" dun aparcadoiro público gratuíto para os de Vigo no hospital Álvaro Cunqueiro, "contrastando cos de pago da Xunta".
O alcalde salientou o traballo do Concello no ámbito deportivo "co arranque de catro novos pavillóns deportivos mais a intervención e mellora noutros catro". Foi tamén, lembrou, o ano da renovación de céspede en 10 campos de fútbol e do salto definitivo na renovación e mellora de Balaídos. Por outra banda, este ano xeráronse 4.000 postos de traballo a través da política de emprego municipal e abriuse unha nova sala de lectura da UNED con 500 prazas de lectura.
Sobre as comunicacións na cidade, considera o rexedor que este "foi o ano do desbloqueo da nova estación de tren e da saída en túnel da cidade cara á autoestrada" amais da consolidación do aeroporto ao superar o millón de pasaxeiros. Foi o ano da aprobación do primeiro gran ámbito comercial, Recaré, e o da contratación do novo PXOM. Caballero destacou que en 2017 "iniciamos a recuperación de máis do 30% da capacidade edificativa na cidade pola anulación do plan no ano anterior e iniciamos a recuperación da Panificadora".
Case 800 rúas humanizadas
A transformación da cidade foi outro dos aspectos que o alcalde destacou deste ano que remata con "case 800 rúas humanizadas, ademais de centos de quilómetros asfaltados, máis de 300 quilómetros de saneamento e máis de 300 de abastecemento desde que eu son alcalde". Os 150 macroparques infantís novos ou reformados, 75 parques biosaludables e máis 4.000 bancos instalados na cidade son outros dos aspectos que converteron a Vigo nunha cidade máis fermosa e habitable.
Este 2017, afirmou Caballero, destacan os datos de turismo "en parte grazas á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade". Foi o ano, ademais, "das mellores luces de Nadal en todo o planeta". A estes datos uniu que somos "unha cidade con débeda cero, con orzamentos aprobados en tempo e forma e a única cidade de Galicia que os ten aprobados neste momento". Destacou tamén o feito de que Vigo sexa a urbe galega coa máis baixa presión fiscal: "nós, con 502 euros, somos a cidade de Galicia con menor presión fiscal por habitante". En Ourense, indicou, teñen 746 euros; na Coruña, 625 euros; en Pontevedra, 615 euros e en Lugo, 584 euros. A media nacional está en 565 euros.
Por outra banda, Caballero lembrou algunhas de obras que están en marcha neste momento e cuxo importe ascende a 56,5 millóns de euros. Entre elas, enumerou o carril bici de Teis a Samil, a actuación do Vigo Vertical Monte do Castro eixo Gran Vía Centro histórico, a peonalización da Porta do Sol, os ascensores de Juan Ramón Jiménez, Valterra e Torrecedeira, as escaleiras de Abeleira Menéndez e a rampla e escaleiras mecánicas para unir a rúa Carral coa Porta do Sol.
Descargar todas as imaxes