O Concello aproba o convenio para a construción do transvase á presa de Eiras
Tras o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, poderase iniciar a construción dunha obra "imprescindible" para garantir o subministro de auga a Vigo e outros oito concellos da área metropolitana, apuntou Abel Caballero.
O alcalde informou este xoves da aprobación en Xunta de Goberno local do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Augas de Galicia que permitirá, de forma inmediata, o inicio da construción dun transvase entre o río Verdugo e a presa de Eiras para a captación de auga.
O Concello de Vigo asumirá o 80% do custe da obra, declarada de interese supramunicipal, mentres que a entidade dependente da Xunta de Galicia farase cargo do 20%. Na práctica supoñerá a construción dunha canalización de mais de 6 quilómetros para abastecer Eiras, unha presa que dá auga aos municipios de Redondela, Cangas, Moaña, Porriño, Mos, Soutomaior, Gondomar, Salceda de Caselas e Nigrán e, eventualmente en caso de necesidade, tamén a Baiona.
O rexedor considera "imprescindible" a obra para garantir o abastecemento e subliñou que dende o Concello de Vigo se asume a maior parte do orzamento desta obra "aínda que é competencia da Xunta de Galicia".
Adiantou que este xoves, a Xunta presenta o proxecto técnico do transvase aos concellos afectados, un proxecto que conta co visto bo do Concello e que servirá para garantir que non "teñamos problemas de auga porque o cambio climático viu para quedar" e débense tomar medidas para "adiantarnos á seca".