O rexedor destaca o efecto de "Cíes, Patrimonio da Humanidade" no incremento do turismo na cidade
"Produciu a recuperación do turismo en niveles inimaxinables", apuntou, ao facer balance deste ano no que salientou o millón de pasaxeiros do aeroporto, o esforzo da cidade para combater os lumes de outubro ou a ampliación da Ponte de Rande.
En materia de turismo, Abel Caballero puxo en valor que o aeroporto olívico superase neste ano que remata o millón de pasaxeiros, o que supón a súa consolidación grazas á oferta de destinos actual: Madrid, Barcelona, Lisboa, Ibiza, Palma de Mallorca, Valencia, Bilbao, Dublín, Boloña, Milán e Edimburgo. Amais hai outras rutas que tratarán de manterse en 2018: París, Londres, Roma, Alacante, Gran Canaria, Menorca, Sevilla e Málaga.
No resumo do máis destacado do ano 2017, o alcalde salientou que está "en marcha e a velocidade de cruceiro" a campaña "Cíes, Patrimonio da Humanidade" na que están traballando os comités científicos, económicos e sociais que desenvolverán a candidatura do arquipélago coa colaboración de grandes investigadores europeos. E puxo en valor o efecto da campaña que "produciu a recuperación do turismo en niveles inimaxinables na nosa cidade".
Amais, referiuse ao Programa de Arte Urbano que conseguiu encher de arte e transformar 60 espazos da cidade con outras tantas medianeiras e que vai xa pola cuarta edición.
Incendios e auga
Para Abel Caballero 2017 será lembrado como o ano no que "tivemos que extinguir o incendio máis pavoroso, sen axuda de ninguén, nin da Xunta nin do Goberno de España, en 15 horas" apuntando que Vigo debeu empregar os seus propios medios para aplacar un lume "extraordinariamente grave" grazas aos Bombeiros, Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil e axuda inestimable da cidadanía de Vigo.
Apuntou tamén a forte seca vivida na cidade á que "fixemos fronte con recomendacións de consumo responsable e sen axuda Xunta de Galicia" porque, dixo, non resolveu o problema do transvase que Vigo solicitara no ano 2011.
Amais, valorou Caballero que este 2017 é o ano no que a cidade conseguiu a ampliación de Rande, que demandara ao chegar á Alcaldía no ano 2007 e que "felizmente está terminada" malia que avanzou que "seguiremos reclamando a conversión en vía urbana da AP-9, desde Bos Aires ata o centro da cidade".