A unanimidade do Pleno reclama a Educación o estudo de zonificación escolar de Vigo
A moción presentada polo grupo municipal socialista conseguiu o voto favorable de PP e Marea, que tamén apoiou a moción na que se insta á Xunta a realizar un plan de investimentos nas infraestruturas escolares públicas da cidade.
O Pleno de Vigo insta á Xefatura Territorial de Pontevedra a que remita o estudo de zonificación escolar da cidade para ser debatido pola comunidade educativa e por tódolos sectores representativos. Os tres grupos municipais deron o seu apoio á moción socialista, defendida pola edil de Educación, Olga Alonso, que apuntou a desinformación actual sobre os plans da Xunta para modificar a zonificación escolar, un cambio que afecta a 38.061 alumnos da cidade e que non conta co apoio de Foampas. Rexeitou que o Consello Escolar municipal non recibira aínda ningún documento ao respecto, tendo en conta que o 1 de febreiro comeza o proceso de solicitude dos centros de ensino secundario.
A edil de Marea de Vigo, Margarida López, condenou que a Xunta de Galicia non teña en conta aos sectores afectados nin acometa un estudo poboacional á hora de organizar o novo mapa escolar. Teresa Egerique, edil do grupo popular, defendeu que o traballo realizado polos inspectores se adapta ao futuro e á realidade de Vigo, na que deben convivir a educación pública coa concertada, mentres Olga Alonso, pediu transparencia e participación e que non se pechen unidades educativas con este cambio.
Aínda no ámbito educativo, quedou aprobada co voto favorable de Marea e contrario do PP, a moción socialista na que se insta á Administración Educativa competente a realizar un plan de investimentos en infraestruturas escolares públicas para manter no ensino uns estándares de calidade, confortabilidade e seguridade. Olga Alonso expuxo a necesidade de renovar fiestras, instalacións eléctricas e tubaxes, dada a antigüidade dos centros que se atopan "abandonados" e apuntou a cubrición de patios dos colexios Virxe do Rocío, Canicouva e Carballal, que asume o Concello cando é unha competencia da Xunta de Galicia.
Ademais, a Corporación deu luz verde á moción do grupo municipal do PSOE na que se reclama ao Goberno central que presente un proxecto de Lei ante as Cortes Xerais para reformar o Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, que recibiu o apoio de Marea de Vigo e a abstención do PP.