Vigo organizará o seu festival de rondallas no Pavillón das Travesas
O rexedor considera insólito que desde fóra da cidade se demande que o Concello asuma o custo dun festival con rondallas que non son viguesas que superaría os 85.000 euros de orzamento.
O alcalde garantiu este xoves que a cidade terá o seu propio certame de rondallas, no que participarán as catro viguesas: Zamáns, Freixo, Valladares e Beade e que será financiado polo Concello. Con data aínda por concretar, celebrarase no Pavillón das Travesas, un "sitio magnífico e con aforo suficiente" cun custo aproximado de 25.000 euros.
Abel Caballero criticou que se pretenda que Vigo pague o custo dun festival de rondallas que non son de Vigo. "Era o que nos faltaba", engadiu, "o que algúns queren que fagamos custa 85.000 euros" para formacións veñen de fóra, unha petición que considera "insólita".
"Vigo paga para Vigo, os tempos nos que Vigo paga todo acabouse", recalcou, apuntando que sería diferente se estivese en funcionamento a Área Metropolitana. "Eu teño unha obriga coas rondallas de Vigo e ofrézolles un festival para elas".