O alcalde trasladará a Asetranspo a limitación "extrema" da circulación de camións por Teis
A decisión chega logo de "dous anos advertindo á Xunta e ao Ministerio" sobre a necesidade de acceder á autoestrada desde Bos Aires. Segundo Caballero, nestes momentos están autorizados a circular por Sanjurjo Badía 800 camións de 120 empresas que "rompen a cidade".
Abel Caballero anunciou este martes que se reunirá co presidente de ASETRANSPO, a Asociación de empresarios de transportes de mercadorías de Pontevedra, o vindeiro mércores 10 de xaneiro para comunicarlle a decisión do Concello de "limitación extrema" da circulación de transportes de vehículos pesados polo centro da cidade en dirección ao Porto de Vigo, desde Teis.
Arestora, o Concello ten autorizados máis de 800 camións de 120 empresas que se desprazan por Sanjurjo Badía con cargas superiores ás 30 toneladas en moitas ocasións, que son, a xuízo do rexedor, "máquinas de romper a cidade". O alcalde sinalou que leva "dous anos advertindo á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Fomento que a cidade non é lugar de tránsito de camións de cinco eixos cargados; as cidades son para a cidadanía, non vías de transporte pesado" e engadiu que existen rutas alternativas para ir ao Porto.
"Ata aquí chegamos", advertiu Caballero, xa que "en dous anos non fixeron nin un mínimo xesto ante a posibilidade de acceder desde a avenida de Bos Aires á autoestrada nun tramo libre de peaxe, por tanto con custo cero, para chegar ao centro da cidade e entrar no Porto".