O rexedor cualifica o carril bici entre Samil e Teis como "unha das obras históricas da cidade"
Abel Caballero e Carmela Silva asinan o convenio de colaboración por un importe de case seis millóns de euros para a construción do carril bici que incluirá a humanización dos tramos da cidade nos que aínda non se actuou.
O alcalde de Vigo e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron esta mañá o convenio de colaboración de case seis millóns de euros para a realización do carril bici de dez quilómetros entre Samil e Teis que converte o proxecto nunha das "accións máis importantes de toda a historia de Vigo", segundo indicou Caballero.
A Deputación realiza unha achega de 3.537.000 euros e o Concello pon os 2.358.000 euros restantes. O percorrido do carril irá desde Samil á avenida de Europa, avenida de Castelao, Praza de América, rúa López Mora, Camelias, Praza da Independencia, Glorieta do Bicentenario, rúa Venezuela, cruce Gran Vía, rúa Pizarro, Travesía de Vigo e Bos Aires. Segundo explicou o alcalde, trátase de "unha mestura de carril bici e de humanizacións masivas, xa que se realizarán en todos aqueles lugares polos que vai pasar e nos que aínda non houbo actuacións como a avenida de Europa e a avenida de Castelao, na que faremos unha obra excepcional". Así, describiu Caballero, nesta última "haberá unha beirarrúa enteira humanizada indo cara a Samil á esquerda; no gran paseo farase unha beirarrúa humanizada á beira das vivendas e no actual paseo de bicicletas que vai ser o paseo peonil, haberá carril bici e beirarrúa humanizada".
Na praza do Emigrante haberá unha segunda gran humanización, unha acción "moi demandada" e na zona de Venezuela procederase a unha nova humanización, mentres que no resto do percorrido xa está todo humanizado ata a avenida de Bos Aires. "É unha das obras históricas na cidade de Vigo e por iso é unha gran satisfacción asinalo", finalizou o rexedor, á vez que agradeceu á presidenta da Deputación "en nome de toda a cidade", o seu apoio.
Colaboración excelente
Carmela Silva mostrou a súa satisfacción por empezar o ano coa firma dun convenio "que cumpre con todas as características que entendemos que deben ter as cidades do século XXI". Estas cidades, afirmou, "teñen que recuperar o espazo público para goce dos cidadáns, algo que en Vigo comezou fai dez anos e en Pontevedra fai só dous". Destacou que este carril bici "é un proxecto ben pensado, construído e elaborado, escoitando ás asociacións que defenden o uso da bicicleta". A presidenta anunciou que este non é o último convenio que se vai a asinar apuntando que "nunca se investiu tanto en Vigo nin nos 61 concellos da provincia de Pontevedra".
O acordo asinado hoxe marca para o alcalde "unha etapa nova nas relacións entre ambas administracións" xa que desde que Carmela Silva é presidenta da Deputación "asinamos numerosos convenios e antes dela practicamente ningún" apuntando o abandono de Vigo por parte da Deputación. Ambos cualificaron esta nova colaboración de "excelente" e unha gran demanda da sociedade.
Tras a firma do convenio, o proxecto será licitado e executado en varias fases polo que o obxectivo é que o carril estea completo antes de finalizar 2019.
Descargar todas as imaxes