O alcalde amósase "moi satisfeito" do compromiso adquirido por Fomento ofrecendo "as datas de licitación" do AVE por Cerdedo

mércores, 13 abr 2011

Abel Caballero recoñeceu este mércores ao ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso adquirido onte en Ourense de licitar o próximo ano o traxecto de AVE que unirá directamente Vigo e a capital das Burgas por Cerdedo, unha vez estean rematados os proxectos básicos que actualmente redáctanse. O alcalde amosouse "satisfeito" da garantía dada por Fomento nun "tema moi serio" como a conexión directa de Vigo a Madrid en Alta Velocidade ferroviaria.

O alcalde avogou por "apoiar e potenciar" á industria auxiliar de Vigo "para que sigan a desenvolver a súa creación de emprego"

martes, 12 abr 2011

Abel Caballero visitou este martes a empresa Herlayca, "empresa viguesa de altísima tecnoloxía que produce máquinas para fabricar pezas", onde defendeu respaldar á industria de compoñentes do naval e da automoción que opera en Vigo e está a solventar "francamente ben" a crise económica. As compañías que ven visitando o alcalde nas últimas semanas forman parte destas e suman 6.000 empregos na cidade.

O alcalde avoga por "cooperar e colaborar" coa automoción viguesa nos seus proxectos de I+D+i

venres, 8 abr 2011

Abel Caballero visitou este venres as instalacións da empresa de compoñentes da automoción MGI Coutier España, ubicada no Polígono do Caramuxo onde traballan máis de 350 persoas. Esta compañía é provedora de pezas metálicas e plásticas para marcas como PSA, Renault, General Motors ou Toyota, entre outras. O primeiro edil ofreceuse a intermediar co Ministerio de Industria nos proxectos da automoción viguesa de I+D+i.

Abel Caballero adianta que a sinatura do convenio para a xestión do albergue é "inminente"

venres, 8 abr 2011

O alcalde asegurou que "creo que a semana que vén vaise asinar o convenio" para xestionar o albergue para persoas sen teito de Vigo, que estará ubicado na Praza do Berbés. Indicou Caballero que o proceso está no "trámite administrativo do Concello" e na "liberación dos fondos" para rubricalo, e enviou unha mesaxe de tranquilidade á cidadanía porque "vigo vai ter un gran centro de inclusión social para as persoas en teito" que será xestionado por "profesionais" do sector.

Caballero recibiu a unha decena de estudantes de Birmingham de intercambio en Vigo

xoves, 7 abr 2011

O alcalde de Vigo recibiu este xoves a unha decena de estudantes de entre 14 e 16 anos de idade procedentes de Birmingham, no Reino Unido, que atópanse en Vigo por un programa de intercambio co Colexio Carmelitas de Vigo. Os alumnos poideron coñecer o Concello de Vigo, a sala de prensa, o Salón de Plenos e a sala de regulación de tráfico, entre outros departamentos.

O alcalde anuncia "taxa cero" nas licenzas urbanísticas de actividade e primeira ocupación

mércores, 6 abr 2011

Abel Caballero informou hoxe mércores da decisión, que na práctica supón pagar o 10% -o mínimo legalmente posible- do que viña aboándose ao Concello en concepto de taxas pola concesión das licenzas de primeira ocupación e de actividade e instalación. Esta medida aplícase a usos residenciais, comerciais e industriais, explicou o alcalde, quen estimou entre os 500.000 e o millón de euros o aforro cidadá coa rebaixa. "Isto é posible porque temos unhas finanzas extraordinariamente sanas", afirmou Caballero.

O artista vigués Samuel Leví ofrecerá mañá xoves un concerto gratuíto no Auditorio Mar de Vigo

mércores, 6 abr 2011

Samuel Leví, en compaña dalgúns membros de "Los Niños Perdidos", actuará mañá xoves ás 20 horas no novo Auditorio Pazo de Congresos "Mar de Vigo", un concerto de carácter gratuíto patrocinado pola Alcaldía de Vigo. O artista, o primeiro local que actúa na nova instalación, presentará o seu disco "Y tú más!" e contará coa presenza de invitados especiais.

O alcalde reuníuse co director da Escola de Enxeñeiros Industriais de Vigo, quen lle fixo entrega dun obsequio

martes, 5 abr 2011

O rexedor vigués, Abel Caballero, mantivo na mañá deste martes na Alcaldía unha entrevista co director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo, Luis González Piñeiro, reunión na que o responsable universitario entregou ao alcalde un obsequio conmemorativo correspondente á súa participación nas tradicionais celebracións do patrono deste colectivo profesional, San Xosé, o día 19 de marzo.