O alcalde anuncia o cambio de uso da Panificadora para acoller a Biblioteca do Estado e a concesión de 150 novas becas de inglés para centros concertados

luns, 16 mai 2011

Abel Caballero explicou este luns que o Concello, a través da Xerencia de Urbanismo, modificou a calificación do solo da Panificadora para que poida acoller a Biblioteca do Estado, pasando a ser "espazo dotacional público" e eliminando así a edificabilidade prevista anteriormente. Por outra banda, o alcalde anunciou o inicio da concesión de 150 novas becas de inglés destinadas en exclusiva ao alumnado de colexios concertados, unha vez a oferta de 290 axudas foi cuberta polos centros públicos.

O alcalde anuncia para xuño un voo Vigo-As Palmas e avanza que está "moi adiantado" o acordo para volar a Málaga e Baleares

venres, 13 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres que a compañía Orbest unirá Peinador con As Palmas desde o próximo mes de xuño sen achegas municipais, ao tempo que as conversas avanzan para abrir outras rutas a Málaga, Baleares, Valencia e Sevilla. Caballero indicou que o tráfico incrementouse o mes pasado con respecto a abril de 2010 grazas aos viaxeiros do voo subvencionado polo Concello, o Vigo-Londres, que aportou 1.200 nos seus primeiros quince días.

O alcalde propón á Xunta que a Área Metropolitana incremente competencias, evite duplicidades e concrete financiamento e gobernabilidade

xoves, 12 mai 2011

Abel Caballero anunciou hoxe xoves a remisión dunha carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, propoñendo catro liñas de actuación para mellorar o anteproxecto de lei de Área Metropolitana de Vigo, que o alcalde recoñece como "un bo principio". O alcalde avoga por incrementar as competencias, evitar duplicidades entre administracións e concretar as formas de financiamento e a gobernabilidade.

Caballero avanza que esta fin de semana entrarán en funcionamento as tres fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente

xoves, 12 mai 2011

O alcalde de Vigo visitou este xoves a zona e adiantou a entrada en funcionamento das tres fontes ornamentais esta mesma fin de semana. Abel Caballero explicou que estes motivos "están significando un antes e un despois na humanización deste territorio" e celebrou en particular a "extraordinaria mellora" que supuxeron as rotondas no tráfico do cruce. O alcalde anunciou tamén que están en redacción os proxectos de humanización da confluencia de Jenaro de la Fuente con Ramón Nieto, o Calvario e Martínez Garrido.

O alcalde participa na apertura do VI Encontro Sindical de xóvenes MCA-UGT

martes, 10 mai 2011

Abel Caballero animou onte aos mozos a debater e "deixarse escoitar" ao entender que son "os ollos e os oídos do presente". Abel Caballero realizou estas declaracións no encontro nomeado "Es por tí" que se celebra no Auditorio "Mar de Vigo" e que remata hoxe. Na apertura interviñeron tamén o secretario xeral de UGT, Cándido Méndez, ou o Secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez Gómez, entre outros.

Abel Caballero asina un protocolo de colaboración con Citroën para o desenvolvemento e lanzamento do coche eléctrico en Vigo

luns, 9 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o máximo responsable da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, rubricaron hoxe luns un protocolo de colaboración polo que o Concello contribuirá económicamente á factoría para o desenvolvemento e lanzamento do vehículo eléctrico. Caballero explicou que o Concello achegará tres millóns de euros en catro anos ligados ao emprego no sector da automoción, do que dependen no gran Vigo 35.000 persoas.

O Concello respalda a celebración en Vigo dos XIV Xogos Autonómicos de Fútbol Sala de Special Olympics Galicia

venres, 6 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, respaldaron hoxe venres á organización na presentación do trofeo para discapacitados intelectuais, que terá lugar mañá sábado no Pavillón das Travesas. Máis de 350 atlentas participarán nos Xogos, que inauguraranse ás 10:45 para iniciar a competición ás 12 horas, rematando ás 19:30h. Tanto a organización como os responsables municipais animaron á cidadanía a presenciar o campionato. <br />

As acuarelas de Méndez Paz enchen de cor os espazos da Alcaldía

xoves, 5 mai 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero xunto co acuarelista Ramón Méndez Paz e varios concelleiros participaron na mañá deste xoves unha nova edición do ciclo expositivo Mostrarte. Na inauguración o artista estivo arroupado por xentes da cultura así como polo cronista Lalo Vázquez Gil e Mingos Teixeira, coordinador do programa.