Escoitar

O alcalde avoga por cambiar os marcos da política industrial no II Congreso Internacional Aeronáutico de Galicia

Abel Caballero resaltou esta mañá que Vigo é a cidade da economía, da empresa da innovación, cunha industria aeroespacial capaz de "lanzar proxectos que permiten gañar o futuro". Nun congreso internacional organizado esta mañá, asegurou que nestes momentos é preciso cambiar e adaptar os marcos da política industrial para seguir avanzando.

xoves, 12 abr 2018
1523548018Aeronautico.JPG
O alcalde de Vigo participou esta mañá na inauguración do II Congreso Internacional Aeronáutico y Espacial de Galicia, que se desenvolveu na xornada de hoxe no Hotel Pazo Los Escudos. Na súa intervención, Caballero defendeu o papel que xoga Vigo como cidade da economía, da empresa da innovación, cunha industria aeroespacial capaz de "lanzar proxectos que permiten gañar o futuro". Nun contexto no que a investigación aeronáutica vai a aumentar exponencialmente, o alcalde reiterou a necesidade de actualizar os marcos da política industrial en España e en Galicia.

Nesta inauguración tamén estiveron presentes Carmela Silva, presidenta da Deputación; Enrique Mallón, presidente do Consorcio Aeronáutico Gallego (CAG); Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e Rosa Eguízabal, directora de promoción económica do Consorcio da Zona Franca.
Descargar todas as imaxes