Escoitar

Dorian, Zoé e Morat, novas incorporacións aos concertos de verán en Castrelos

O próximo 27 de xullo se subirán ao escenario de Castrelos as bandas Dorian y Zoé, mentres que Morat actuará o 31 de xullo. Estes concertos súmanse aos xa confirmados para este verán: Joan Manuel Serrat, Maná, Raphael e Cantajuegos.

xoves, 12 abr 2018
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves outros tres concertos en Vigo. O 27 de xullo, Zoé, unha das bandas máis brillantes e explosivas de Latinoamérica, actuará no auditorio de Castrelos, a mesma noite que o fará Dorian, que chegarán a Vigo con Justicia Universal, o seu novo álbum de estudio. O 31 de xullo será Morat o que ofreza un concerto na nosa cidade, unha actuación gratuíta logo de ter actuado o pasado ano, nesa ocasión nun recinto privado, polo que moitas persoas non puideron acudir.

Estes nomes veñen sumarse ao resto de concertos xa confirmados para este Vigo en festas: Joan Manuel Serrat (21 de xullo), Maná (23 de xullo), Raphael (2 de agosto) e Cantajuegos (4 de agosto). Logo de explicar que aínda haberá máis concertos, Caballero sinalou este 2018 como o "mellor ano de concertos en Castrelos na historia da cidade".