O Concello promove unha plantación de árbores no Parque Forestal do Vixiador con escolares
O concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, se achegou esta mañá ao Monte Vixiador para participar nunha plantación de árbores con estudantes de quinto e de sexto de Primaria. Acompañados por responsables da Comunidade de Montes de Candeán, case medio centenar de escolares plantaron cerdeiras e nogueiras dentro dunha iniciativa que ten por obxectivo concienciar á mocidade sobre o coidado do medio ambiente.
