Escoitar

O alcalde reitera o seu chamamento cidadá a acudir o xoves á manifestación en defensa da Sanidade

Paliar as deficiencias estruturais do Álvaro Cunqueiro, que teña un aparcadoiro gratuíto ou que Vigo deixe de liderar as listas de agarda máis longas de Galicia son algúns dos motivos que esgrime a Xunta de persoal do Chuvi para convocar unha manifestación o próximo xoves 12 de abril. Como xa fixera días atrás, o rexedor animou a todo Vigo a participar nesta mobilización en defensa da Sanidade.

martes, 10 abr 2018
Abel Caballero animou de novo a toda a cidadanía a participar na manifestación en defensa da Sanidade que sairá o xoves 12 ás 20,00 h desde Vía Norte. O rexedor apoia esta mobilización convocada pola Xunta de persoal do Chuvi que denunciará, entre outros aspectos, as deficiencias estruturais do Álvaro Cunqueiro, que "so están sendo parcialmente paliadas polo entusiasmo dos seus traballadores". O alcalde animou a toda a cidade a reclamar un aparcamento gratuíto para o hospital, solucións para que Vigo deixe de ter as listas de agarda máis longas de Galicia ou para que a Atención Primaria deixe de estar masificada por falta de persoal. Neste punto, lembrou que o Goberno de Feijóo non só non construíu ningún dos 5 centros de saúde comprometidos polo goberno autonómico socialista, senón que pechou un.