Escoitar

O rexedor asegura que a recuperación da Panificadora "segue a velocidade de cruceiro"

A modificación puntual do PEPRI Casco Vello na zona da Panificadora "segue a velocidade de cruceiro" segundo avanzou esta mañá o rexedor, unha vez recibido informe favorable da Consellería de Medio Ambiente. Ao mesmo tempo, o Concello xa está a traballar coa Zona Franca no convenio de cooperación. <br />

martes, 10 abr 2018
O alcalde deu conta esta maña do informe favorable remitido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático no expediente da modificación puntual do PEPRI do Casco Vello na zona da Panificadora. A próxima Xerencia de Urbanismo, tomará coñecemento desta autorización polo que se continuará coa tramitación.

Nestes momentos, o Concello está rematando o documento que someteremos a aprobación inicial que, posteriormente, será enviado á Xunta de Galicia para recabar os informes sectoriais pertinentes para, a continuación, someterse a exposición pública. Unha vez informadas as alegacións, procederase á aprobación definitiva.

Ao tempo que se desenvolve a tramitación administrativa, o Concello está a traballar coa Zona Franca no convenio de colaboración. Unha vez enviado o borrador ao Consorcio, explicou, estamos esperando polas achegas que queiran incluír no documento.


Centro Comercial Gran Vía
A Xerencia de Urbanismo autorizará ao Centro Comercial a realización de obras de mellora da accesibilidade interior do edificio. Cun orzamento de case 400.000 euros, se substituirá o actual ascensor (con capacidade para apenas dez persoas) por dous elevadores con capacidade para 24 persoas cada un, ademais de reformar a posición das escaleiras mecánicas instaladas na actualidade.