Escoitar

O alcalde recibe o apoio "total" de colectivos de Teis para converter en biblioteca o edificio da Tesourería

O Concello de Vigo contará cos colectivos de Teis para trazar o futuro da recuperación da Etea así como a elaboración do proxecto da Senda Verde, sobre a antiga vía do tren. Así o confirmou o rexedor logo dun encontro co Plan Comunitario no que lle trasladaron o seu "total" apoio para converter en biblioteca o edificio do vello centro de saúde de Enrique Lorenzo.

luns, 16 abr 2018
1523882747Teis.JPG
O alcalde de Vigo recibiu esta mañá o aval "absoluto" de numerosos colectivos de Teis para converter en biblioteca o vello edificio do centro de saúde de Enrique Lorenzo. En rolda de prensa, explicou que a pesar da negativa inicial da Tesourería da Seguridade Social a ceder o inmoble, a ministra de Traballo, Fátima Bañez, confirmou persoalmente ao rexedor a vontade do Goberno central a ceder o edificio polo que confía en que a doazón sexa rápida para iniciar as obras canto antes. O rexedor intercambiou esta mañá impresións con responsables do Plan Comunitario de Teis: Comunidade de Montes de Teis; Voces polo Litoral de Teis; Marinetea; Clube Cicilista de Teis; Asociación de comerciantes de Teis; Clube de Remo Virxe da Guía; Asociación Náutica Praia de Ríos e, representantes de centros educativos.

Estes colectivos criticaron a actitude da Xunta de non facer partícipe á veciñanza dos traballos que está a acometer na Etea a pesar de se trata dunha zona moi importante para o barrio. Neste punto, os veciños de Teis se amosaron a súa vontade de cooperar co goberno local que está a traballar nun esquema de recuperación deste espazo para que sexa "poroso" e con acceso desde todo Teis. Outro proxecto no que cooperarán estes colectivos e o Concello será na Senda Verde que se construirá na antiga vía do tren, coa integración de todo o barrio.
Descargar todas as imaxes