Programa de horta-escola para a mocidade
A Concellería de Xuventude desenvolve un programa de Horta-escola na que pretende que as mozas e mozos interesados fagan un achegamento á agricultura ecolóxica e a os hábitos saudables de alimentación.

Para ilo realízanse cursos teórico-prácticos nos que as/os participantes asimilan os conceptos básicos dunha horta ecolóxica e logo o poñen en práctica durante un ciclo completo de cultivo (primavera ou outono).
Ao final dos cursos búscase poder estar en condicións de emprender unha pequena horta propia e introducirse na lóxica de "cultivar o que comes".
Durante a primavera de 2018 as sesións prácticas teñen lugar os martes pola tarde e os xoves pola mañá.
Para poder participar nos cursos informarse na Casa da Xuventude en horario de 9:00h a 14:00 e de 16:30 a 20:30h .
Descargar todas as imaxes