Caballero invita a toda a cidadanía a achegarse á XXVII edición do Salón do Automóbil
O Ifevi acolle a partir do mércores 11 de abril a XXVII edición do Salón do Automóbil e da Motocicleta. Serán case medio centenar de marcas as que exhiban os seus vehículos nun certame que aspira a reunir uns 70.000 visitantes.
Abel Caballero invitou a toda a cidade a achegarse ao Salón do Automóbil que se celebrará no Ifevi entre o mércores 11 e o domingo 15 de abril. Con case medio centenar de marcas expositoras, a vixésimo sétima edición deste certame contará coa presentación de oito coches, ademais dunha vintena de modelos lanzados no 2018. Durante a presentación, o alcalde felicitou aos organizadores por ser quen de superar a crise económica e non deixar de organizar este salón ano tras ano e destacou o éxito dun evento do motor que se realiza na "cidade da automoción".
Tal e como se explicou, esta edición desenvolvese concentrada en 5 días co obxectivo principal de axilizar as vendas dos expositores, polo que se abrirá ao público o mércores e o xoves, de 16,00 a 21,00 h e o venres, sábado e domingo, desde as 11,00 ata as 21,00 h. Esta edición contará con 18.000 m2 e aspira a reunir a uns 70.000 visitantes. Caballero estivo acompañado na rolda de prensa por Jorge Martínez, director territorial de Abanca en Vigo; José Enrique Elvira, director do salón e José Manuel Fernández Alvariño, presidente do comité organizador.
Descargar todas as imaxes