venres, 6 abr 2018
Abel Caballero presentou este venres o balance do albergue municipal de Vigo, único financiado en Galicia por un concello e en funcionamento desde o ano 2012. As instalacións da rúa Marqués de Valterra acollen a unha media de 500 usuarios ao ano e ofrecen 12.000 pernoitacións e 22.000 menús.
venres, 6 abr 2018
O alcalde achegouse este venres á Casa Galega da Cultura, onde 50 nenos e nenas do Colexio Losada tomaron parte deste programa educativo municipal que divulga a historia da Reconquista. Este fin de semana se celebra a Festa da Reconquista, unha celebración "moi especial" que Caballero define como "romaría urbana" na que "divertirnos e pasalo ben".
venres, 6 abr 2018
O Ifevi acolle a partir do mércores 11 de abril a XXVII edición do Salón do Automóbil e da Motocicleta. Serán case medio centenar de marcas as que exhiban os seus vehículos nun certame que aspira a reunir uns 70.000 visitantes.