O Concello instalará pictogramas en dependencias municipais para para mellorar a accesibilidade das persoas con autismo
Vigo será o primeiro concello en contar cun sistema de pictogramas para sinalar as dependencias municipais máis significativas de xeito que se favoreza a accesibilidade das persoas con autismo. Froito da colaboración coa Fundación Menela, Caballero avanzou que ademais da labor informativa, esta iniciativa ten por obxectivo concienciar sobre as necesidades do colectivo.

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello, en colaboración coa Fundación Menela, porá en marcha un proxecto de accesibilidade cognitiva para implantar prácticas dirixidas a mellorar a accesibilidade de persoas con autismo en espazos públicos. Tal e como avanzou, sinalaranse con pictogramas as dependencias o os lugares máis destacados como a Policía Local, a Alcaldía ou os aseos, entre outros. Durante o acto de celebración do Día mundial da concienciación, avanzou que como presidente da FEMP promoverá este sistema de sinalización entre todos os concellos de España e destacou que unha vez máis Vigo é pioneiro na implantación dunha iniciativa que ten por obxectivo facilitar información e xerar concienciación social cara ás necesidades deste colectivo.
Descargar todas as imaxes