Escoitar

O Pleno Municipal pide por unanimidade a igualdade nos salarios de policías e bombeiros

A moción do Partido Popular saíu adiante cos votos a favor dos tres grupos municipais instando ao goberno local a acordar cos representantes dos traballadores unha adecuación retributiva "xusta" e que "remate coa discriminación" existente entre as retribucións de policías e bombeiros da cidade.

xoves, 5 abr 2018
O Pleno Municipal ordinario do Concello de Vigo aprobou este xoves unha moción do Partido Popular instando ao goberno local a igualar os salarios dos efectivos da Policía Local e dos Bombeiros. Na sesión plenaria, os tres grupos votaron a favor de un acordo para que as retribucións non sexan discriminatorios.

"Queremos agradecer o traballo e a dedicación da Policía Local por Vigo e por iso desde el PP pedimos a súa equiparación salarial cos bombeiros", destacou a voceira do PP, Elena Muñoz, durante a exposición da súa proposta. A concelleira sinalou que o Concello leva anos sen atender una reivindicación histórica da Policía, polo que pediu a aplicación do artigo 23 do vixente Acordo Regulador das Condicións Económicas e Socias do Persoal ao servizo do Concello de Vigo.

Pola súa banda, o concelleiro de Persoal, Javier Pardo, defendeu os avances realizados polo goberno local nos últimos anos para mellorar as condicións da Policía e dos Bombeiros. "O seu é populismo barato, tanto con este comité de empresa como co anterior houbo negociacións, e os salarios vanse igualar nos vindeiros catro anos", respondeu.

No caso da Marea de Vigo, o seu voceiro, Rubén Pérez, defendeu tamén a igualdade das retribucións e destacou a existencia de unidades policiais como o Grupo Operativo de Apoio (GOA) no que "serven para facer repartos internos de favores".