Escoitar

O goberno local difunde a festa da Reconquista entre os escolares da cidade

Abel Caballero destacou hoxe o valor didáctico do programa "Vigo historia 2018: A Reconquista" no que participarán ata mañá 6 de abril uns 350 estudantes de diferentes centros de Vigo. Esta iniciativa divulgativa está deseñada para achegar a estudantes de Primaria aos fitos históricos que se celebran nesta festa.

xoves, 5 abr 2018
1522932369Reconquista.jpeg
O alcalde saudou esta mañá aos estudantes do Ceip Doutor Fleming que esta mañá participaron no programa "Vigo historia 2018: A Reconquista" co obxectivo de achegarse os fitos históricos que se conmemoran nesta festa. Ata mañá 6 de abril, serán uns 350 alumnos os que participen dunha iniciativa que lles permitirá coñecer no propio Casco Vello e da man de monitores e especialistas recoñecidos, como se recuperou cidade no 1809 das tropas napoleónicas.

Segundo detallou Caballero, un actor caracterizado do soldado francés Pierre Delapierre amosará os escenarios da Reconquista na zona vella da cidade, coa unidade didáctica "Mapa da Reconquista" e materiais preparados ao efecto.
Descargar todas as imaxes