O rexedor anima á cidadanía a participar na manifestación do 12 de abril pola defensa da sanidade
Abel Caballero solicita aos alcaldes da área sanitaria que convoquen tamén aos cidadáns para apoiar a convocatoria, que partirá de Vía Norte ás 8 da tarde o próximo xoves 12 de abril. Lamentou, entre outros aspectos, as inmensas listas de agarda, o peche de camas ou o aparcamento de pago.
O alcalde de Vigo animou esta mañá a todos os vigueses a participar o vindeiro xoves 12 de abril na manifestación convocada polo persoal dos hospitais de Vigo para denunciar a situación da Sanidade na cidade. Caballero destacou, entre outros problemas, as "inmensas listas de agarda nos hospitais". Lamenta que "seguen pechando camas" e puxo como exemplo que a pasada Semana Santa no Meixoeiro pecháronse 120 camas e no verán, entre o Meixoeiro e Cunqueiro, 180 camas. "En lugar de aproveitar ese tempo para reducir as listas de espera, auméntanas", afirmou.
Denunciou tamén a situación do laboratorio central, que se sitúa no Hospital Meixoeiro, o que obriga a que "todas as mostras teñan cada día que ser trasladadas 8 quilómetros, o que supón un grave deterioro da Sanidade; esta situación clama ao ceo", advertiu. Lembrou ademais a situación do aparcadoiro de pago. "O parking do hospital ten que ser gratis e iso é unha demanda colectiva, pero o Partido Popular de Vigo non quere que sexa así".
Ademais de apoiar esta convocatoria, o rexedor solicitou aos alcaldes da área sanitaria que o apoien tamén e animen aos seus cidadáns para participar. "As deficiencias do hospital son moitas: este hospital privado non se fixo para atender cidadáns, senón para que alguén gañe moito diñeiro", concluíu.