Aprobada a construción simultánea dos cinco tramos do carril bici entre Teis e Samil
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou a adxudicación provisional da construción do novo carril bici que unirá Teis e Samil. Segundo avanzou o alcalde, a obra comenzará esta primavera e constará de cinco tramos que se construirán de forma simultánea. Ademais, en outras zonas como a da rúa Venezuela tamén se acometerá a humanización.